Unha mostra fotográfica reivindica no Parlamento o papel das mulleres en defensa dos dereitos humanos

Está organizada pola Coordinadora Galega de ONGD.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/11/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia acolle desde este luns unha mostra fotográfica que reivindica o papel que xogan as mulleres por todo o mundo en defensa dos dereitos humanos. A exposición, organizada pola Coordinadora Galega de ONGD e que poderá visitarse no Pazo do Hórreo ata o 29 de novembro, foi inaugurada este luns nun acto encabezado polo presidente do Lexislativo autonómico, Miguel Ángel Santalices.

O Parlamento de Galicia acolle unha mostra fotográfica que reivindica o papel que xogan as mulleres por todo o mundo en defensa dos dereitos humanos
O Parlamento de Galicia acolle unha mostra fotográfica que reivindica o papel que xogan as mulleres por todo o mundo en defensa dos dereitos humanos | Fonte: Parlamento de Galicia.

A mostra está protagonizada por 17 mulleres que traballan polo respecto aos dereitos humanos en países como Gautemala, Colombia, Palestina, India ou Chad.

As historias da nicaraguana Ana Celia Miranda, a saharui Warda Mohamed ou a salvadoreña Angélica Cárcamo son algunhas das que poden coñecerse a través da exposición, que se enmarca nos actos do 30 aniversario da Coordinadora Galega de Oenegués.

Durante a inauguración da mostra, o presidente da Cámara galega enxalzou o traballo que realizan as ONG galegas, que colaboran coas 17 mulleres cuxas historias se inclúen na exposición.

O acto, que tamén contou coa participación de representantes de todos os grupos políticos do Parlamento, Santalices subliñou que os dereitos humanos "xamais deberían deixar de preocupar" á sociedade.

"A defensa dos dereitos humanos e o combate das inxustizas de calquier orde", aseverou Santalices, que incidiu en que asuntos como a igualdade de xénero son "unha materia pendente na que resta todo ou case todo por avanzar noutras latitudes, o que converte en auténticas heroínas a moitas mulleres, como algunhas das que protagonizan a exposición".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta