Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/11/2022 | Actualizada ás 19:43
Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras envorcar a súa embarcación nas proximidades de Estaca de Bares. Ambos os tripulantes foron restacados da auga, pero un deles faleceu no hospital.
Foi un particular o que alertou desde terra pouco antes das 15,00 horas, indicando que vía unha persoa pedindo auxilio desde a quilla dun barco de recreo envorcado.
No momento, deuse aviso a Salvamento Marítimo, así como ao servizo de Gardacostas, a Protección Civil e á Garda Civil, que se mobilizaron de inmediato.
Un pesqueiro que se atopaba na zona, o 'Siempre Cicles', rescatou un dos afectados, que estaba sobre a quilla do barco, e trasladouno ao porto do Barqueiro.
Pola súa banda, o outro tripulante foi evacuado polo helicóptero Pesca II e trasladado a Burela, onde recibiu asistencia sanitaria por un golpe na cabeza, aínda que, finalmente, acabou falecendo. O Salvamar Shaula remolcou a embarcación ata porto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.