Mobilización do persoal da téxtil Jevaso de Arteixo reclamando condicións laborais "dignas"

Jevaso é unha empresa que ofrece servizos auxiliares e conta cun cadro de persoal de 900 traballadores e traballadoras entre persoal propio e contratos por ETT.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/11/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Persoal da compañía téxtil Jevaso mobilizáronse este martes ante as instalacións da empresa en Arteixo en demanda dunhas condicións laborais "dignas".

Fixérono nunha concentración entre as 13,00 e as 15,00 horas diante das naves da empresa, no polígono de Sabón, como inicio dunha xornada de mobilizacións.

Jevaso é unha compañía téxtil que ofrece servizos auxiliares a empresas do sector tales como confección ou loxística e conta nas instalacións de Arteixo cun cadro de persoal dunhas 600 persoas ás que hai que sumar máis de 300 persoas contratadas a través de empresas temporais de emprego.

Segundo informa a CIG, "ante a negativa da empresa a asumir ningunha das reivindicacións en materia de descanso, xornada ou saúde laboral, o comité acordou iniciar mobilizacións". Por iso, ten convocada unha nova concentración, no mesmo horario, para o próximo 25 de novembro.

Mobilización de persoal de Jevaso. CIG
Mobilización de persoal de Jevaso. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta