En moitas fábricas, os encargados eran homes que xeraban situacións de acoso cara ás traballadoras. A unión de todas elas permitiu que se freasen eses abusos de poder, así como conseguiron quendas nos horarios, vacacións, primas e que as horas de limpeza, que tiñan que facer elas ao rematar as horas de traballo na fábrica, contabilizaran no salario.