Abre este mércores o prazo das axudas para a transformación sustentable do comercio circular

A Xunta abrirá este mércores o prazo de solicitude, que será dun mes, das axudas dirixidas a potenciar a transformación sustentable do sector comercial e artesán e impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/08/2024 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A Xunta abrirá este mércores o prazo de solicitude, que será dun mes, das axudas dirixidas a potenciar a transformación sustentable do sector comercial e artesán e impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil.

Segundo explicou a Consellería de Emprego nun comunicado, a finalidade destas axudas é "avanzar cara a un novo modelo de negocio máis responsable e que incorpore a sustentabilidade como unha vantaxe competitiva en todos os produtos, servizos e procesos". Deste xeito, o obxectivo principal é fomentar o comercio circular e a protección ambiental, ademais de potenciar o uso de materiais reciclados, reutilizables e reducir os residuos xa xerados.

Concretamente, esta convocatoria de axudas articúlase ao redor de tres alicerces relacionados co comercio circular: as estratexias de reciclaxe e tratamento de residuos por parte o sector comercial, o apoio aos procesos de venda relacionados coa Estratexia de economía circular de Galicia e a concienciación do sector comercial coa importancia da sustentabilidade nos seus procesos empresariais.

Para dar a coñecer esta iniciativa, que en 2024 está dotada con 1,2 millóns de euros, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron este martes o taller artesán Belategui Regueiro, na localidade coruñesa de Cambre.

A Xunta abrirá este mércores o prazo de solicitude, que será dun mes, das axudas dirixidas a potenciar a transformación sustentable do sector comercial e artesán e impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil.. A Xunta
A Xunta abrirá este mércores o prazo de solicitude, que será dun mes, das axudas dirixidas a potenciar a transformación sustentable do sector comercial e artesán e impulsar as pemes e autónomos do sector téxtil.. A Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta