Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2022 | Actualizada ás 13:41
A Xunta activou un convenio coa ONG Farmamundi para prestar atención básica en saúde na rexión de Kurdistán, pertencente a Iraq. Unha intervención que foi dotada con 20.400 euros cos que está previsto que asistan a 9.000 persoas, a maioría mulleres e nenas.
A iniciativa ten o foco no campo de desprazados de Cham Mishko e a localidade de Bouzan. Segundo trasladou a administración autonómica, distribuiranse medicamentos esenciais, material médico e reactivos de laboratorio para fortalecer o operativo de atención primaria e garantir os servizos de saúde.
A asociación de cooperación ao desenvolvemento, acción humanitaria e de emerxencia conta coa ONG Heevie Health como social local. Ambas son as únicas entidades situadas no campo de Cham Mishko.
CASE UN MILLÓN DE EUROS
Neste contexto, a Xunta asinou convenios coa organización Farmamundi desde o ano 2009. Unha suma que ascende aos 939.044 euros cos acordos deste último ano.
Desta maneira, o obxectivo principal é poder atender ás necesidades da poboación afectada por distintas catástrofes, especialmente aos colectivos máis vulnerables. Unha axuda materializada en bens e servizos esenciais para a supervivencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.