Por Galicia Confidencial | Dubai | 23/11/2022 | Actualizada ás 10:19
O robot educativo galego, Robobo, foi recoñecido como o segundo mellor xoguete intelixente na categoría educacional nos Smart Toy Awards 2022, galardóns que tiveron lugar o pasado 20 de novembro en Dubai. O robot, deseñado para a iniciación á aprendizaxe de robótica autónoma pola escola online especializada en formación industrial MINT, viaxou ao continente asiático representado xunto co Profesor Fran Bellas.
Despois de pór en valor a importancia das preocupacións dos máis novos sobre a era dixital e de reflexionar sobre como poden as empresas e os reguladores traballar xuntos para garantir a seguridade dos xoguetes no mercado, celebrouse a cerimonia de premios. O robot está creado "para estudantes de secundaria, bacharelato e mesmo universidade que xa teñen algunha experiencia en robótica e programación e que necesitan dar un paso adiante na súa formación", afirma Fran Bellas.
Segundo Bellas, con Robobo os alumnos poderán empezar a aprender sobre IA aplicada á robótica. Robobo conta tamén cun simulador "irmán" que permite aprender a programar sen necesidade da ferramenta física. Ademais, serve como ferramenta en cursos de robótica aplicada e intelixencia artificial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.