Vexo que non coñeces moito Andalucía, pensa que Sevilla, Málaga, Córdoba e Granada teñen máis poboación que Vigo, e logo a meirande parte do que alí se chaman pobos soen ter máis de 10.000 habitantes. Un pouco de humildade, a ver se agora vai ser Galiza o lugar máis urbán do mundo mundial.
Respecto ás alcaldías do PP urbanas en Andalucía, e centrándome nas cidades maiores de 100.000 habitantes, o PP goberna Málaga, Granada, Cádiz, Almería, Huelva e Marbella; o PSOE goberna Sevilla, Jaén, Algeciras, Jerez e Dos Hermanas e IU goberna Córdoba. Tocan polo tanto a seis cidades para o PP e outras tantas para a esquerda (5 PSOE e 1 IU). Iso é certo nas municipais, onde se vota aos alcaldes; e o PP non soe presentar malos candidatos, pero nas xerais o PSOE gañou en todas as cidades que goberna e máis en Huelva, Cádiz, Málaga e Marbella. o PP só foi a forza máis votada en Granada (debe ser polo mal que se levan Granada e Sevilla, e o impopular que é polo tanto a Junta nesa cidade), Almería e Córdoba (pola desunión da esquerda, onde IU tén moita forza). Logo, nas provincias, o PSOE gañou en todas, nas oito provincias andaluzas o PSOE levou coma mínimo un 47% dos votos. Se queres, comproba por ti mesmo todos eses resultados coa URL que che dín e que vexo que nin miraches para falr tan a lixeira. Veñen datos ata dos resultados nos distintos municipios.
Repítoche que non son municipais, senón xerais, que en Andalucía o PP de hoxe en día mete medo, ao mellor o alcalde concreto (sobre todo se é alguén coma Pedro Rodríguez ou coma Teófila Martínez) dunha cidade non o mete, pero Rajoy, Acebes e cía non son benqueridos en Andalucía.
Póñoche un exemplo que coñezo moi ben: en Sevilla os do PP presentaron a Zoido, un xuíz con fama de responsable e traballador, para enfrentarse ao alcalde socialista, Monteseirín, un home que só de verlle a cara xa se ve que é o típico cateto; e de feito demóstrao a malísima xestión da cidade. Zoido gañou có 42%, pero IU novamente diu a alcaldía ao PSOE que tivera un 40%. Iso nas municipais, pero nas xerais, o PSOE é imbatible tanto na cidada de Gonzalez e Guerra (onde levou o 53%) e aínda máis na provincia que é a máis socialista de España, e onde o PSOE sacou máis de trinta puntos ao PP, con máis do doble de votos.
Respecto aos resultados, ao mellor agora debera corrixilos á baixa por isto do crck da Bolsa. A verdade é que Solbes non foi moi convincente, e á xente pódelle aumentar a sensación de que a economía vai mal. Se ben, a economía tamén vai mal en Francia, e iso non impediu a elección de Sarkozy que é do mesmo partido que Chirac, i en EEUU a crise para nada hundíu as posibilidades do Partido Republicano.