Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 16:16
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy comentou este luns de novo, a preguntas dos xornalistas, a evolución do Mundial de Fútbol que se celebra en Qatar. "Éme igual pasar de primeiro ou de segundo", sinalou o exdirixente popular.
Rajoy, que regresou este luns ao Parlamento de Galicia para un acto homenaxe a Carlos Casares 20 anos despois do seu falecemento, mostrouse seguro de que a Selección Española "vai gañar igual e con claridade".
Así, tras eloxiar a "excelente pregunta" (non quixo responder a outras posibles cuestións de actualidade), Rajoy destacou que "España vai moi ben", tras a goleada contra Costa Rica e o empate deste domingo contra Alemaña, e "é dificilisimo que non pase á seguinte rolda".
Desta maneira, restou relevancia a pasar de "primeiro ou segundo" de grupo na primeira rolda, tendo en conta "se se estuda o que vén despois", xa que augurou que "oitavos non será moi difícil pero en cuartos" podería toparse co combinado brasileiro.
"Se somos primeiros, o normal é que nos toque Brasil", observou, para apostilar "e iso xa é outra historia". En todo caso, mostrouse seguro de que a Roxigualda "vai gañar igual e con claridade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.