Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 sigifredo

queo retractarme e pedir desulpas polo meu ultimo mensaxe. Estiven vendo a lista de asciados de AGAI e ecateime de que hai xente de tódolos partidos, icluindo varios persoeiros do Bloque.

27 Lena

REPITO: Unha semaniña de “vacacións” a Auswitch vos mandaba eu para que sepades de que estamos a falar…

26 Luisita

Pipina...o que fas é darlle a razón aos nazis de cando fixeron o muro de Varsovia...GHETOS. Deberían de poñer outro en Euskadi, nonsi?

25 juan

Es Pipina la portavoz de esa Asociacion de Israel? Bendición del nuevo muro de la verguenza, palestinos criminales, ... Ahora ya sabemos como piensan los miembros de esa asociación.

24 Pipina

Los palestinos son un pueblo de terroristas que hasta utilizan a sus niños como escudos humanos.

Israel sólo está defendiendo su derecho a la existencia -concedido por esa ONU que no se os cae de la boca- y que nunca más se intente exterminar al pueblo judío.

Por cierto, aunque ningún medio de comunicación se atreva a decirlo, los atentados suicidas palestinos contra población civil han disminuido notablemente desde la construcción del bendito muro.