O presidente da CEG ve "anticompetitiva" a subida de peaxes e pide "buscar medidas" para evitala

Lembrou que a Xunta propuxo "unha serie de medidas para paliar esta situación", que cualificou de "positivas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2022 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, asegurou este mércores que a posible subida de peaxes da AP-9 é un "concepto de anticompetitividade" para o sector empresarial, e instou a "buscar medidas" que palien esta situación.

A preguntas dos medios, Vieites lembrou que a Xunta propuxo "unha serie de medidas para paliar esta situación", que cualificou de "positivas", e apuntou que "todo o que sexa competitividade para o sector empresarial e o transporte" será ben recibido.

"En momentos de dificultades, de recesión, hai que tentar buscar medidas compasadas e non en dirección contraria", dixo o presidente da CEG, que apostou por "estar en competencia" a nivel de esforzo económico para empresarios e transportistas con outros territorios e autoestradas de España.

AP-9, Autoestrada do Atlántico.
AP-9, Autoestrada do Atlántico. | Fonte: Miguel Riopa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta