Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/12/2022 | Actualizada ás 17:13
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciou este mércores a creación dun Punto de Encontro Familiar (PEF) para a comarca do Deza, o décimo deste tipo na Comunidade.
A conselleira explicou que este importante recurso "garante a protección dos menores de idade cuxos proxenitores se atopan nunha separación conflitiva". Coa creación deste décimo PEF, o Goberno galego avanza cara ao propósito de chegar aos 14 centros por toda Galicia.
Nestes momentos están en funcionamento o PEF das sete cidades e o do Barbanza e estanse avanzando noutros centros comarcais como este do Deza ou o xa anunciado para A Mariña.
Fabiola García concretou que este centro do Deza dará cobertura non só ao seis concellos da comarca, senón a todas aquelas familias que pola súa situación xeográfica prefiran achegarse a estas instalacións pola súa proximidade. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego conta cunha "sólida rede de protección á infancia que permite identificar, previr e actuar sempre que o benestar dun menor se poida ver afectado", recolle a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.