Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/12/2022 | Actualizada ás 18:56
A CIG alerta que a falta de persoal médico nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e nos centros de saúde está a provocar o colapso dos servizos de urxencias hospitalarias da Coruña, Vigo e Pontevedra. Dende a central denuncian que neste contexto o Sergas opta por derivar pacientes a centros sanitarios privados no canto de reforzar o sistema público.
Así, critica que as saturación experimentada polos servizos de urxencias fixéronse visibles nos últimos días nas áreas sanitarias viguesa e pontevedresa, "con ducias de doentes pendentes de cama, moitos/as deles/as acumulados/as nos corredores".
De feito, nun comunicado, a CIG destaca que, no caso do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o aumento das necesidades de camas levou a desdobrar as habitacións en varias plantas. En Pontevedra optouse por trasladar pacientes ao hospital do Salnés e a centros privados, igual que no caso de Vigo.
"Mais este aumento de carga asistencial non se traduciu nun aumento de persoal, tendo que atender unha única enfermeira a 20 doentes no Álvaro Cunqueiro", critica a CiG. Esta acumulación de pacientes nos corredores supón, di, ademais dn aumento de carga de traballo para o persoal, unha situación de inseguridade na asistencia. “Isto, a maiores de evidenciar falta de recursos e de previsión, tradúcese nunha atención precaria das persoas enfermas”, sinalan dende a CIG-Saúde de Vigo.
“O estrés palpábase nada máis achegarse a urxencias: non había padiolas, nin cadeiras, nin sequera espazo onde colocar os pacientes”, denuncia a central sindical. Por iso, demanda que se reforcen as unidades afectadas e que se informe da situación aos representantes dos traballadores. “Preocúpanos a derivación de pacientes a centros privados cando hai centros sanitarios públicos que poderían asumir a asistencia”, conclúe.
CHUAC
A CIG Saúde tamén denunciou un "colapso" nas urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), mentres que a xerencia asegurou que hai unha "demanda asistencial moi alta". O sindicato afirma que á primeira hora da mañá había "60 pacientes estancados en urxencias, tres deles críticos, que xa terían que estar ingresados se houbese camas no hospital".
Desde a xerencia, explicaron que a demanda asistencial está "a superar no que vai de mes as 468 atencións de media diarias", pero engade que o persoal de médicos do servizo de urxencias "incrementouse en oito por encima do persoal nos dous últimos anos" e que se reforzou a de enfermaría.
"O hospital mantén operativo o 100% dos recursos dos que dispón", engade a xerencia, que insiste en que a atenció
PRAZAS
Pola súa banda, o Servizo Galego de Saúde informou este mércores da incorporación dun total de 246 profesionais sanitarios como persoal fixo na área Sanitaria de Vigo.
Segundo sinalou o Sergas nun comunicado, dos 246 novos traballadores con praza en propiedade, 167 son licenciados sanitarios, 66 son técnicos superiores e 13 técnicos de farmacia. A incorporación deste novo persoal prodúcese como consecuencia da resolución do concurso-oposición e concurso de traslados de determinadas categorías sanitarias, procesos que promoveu o Sergas como medida de conciliación laboral e familiar, así como para consolidar postos de traballo fixos nos distintos centros.
Trátase, tal e como apuntou o Sergas, dun movemento de persoal moi importante xa que toman posesión 152 facultativos especialistas de área; 14 médicos de urxencias hospitalarias; un médico de admisión e documentación clínica; 66 técnicos superiores das diferentes especialidades de laboratorio, radiodiagnóstico, anatomía patolóxica e higienista bucodental; e 13 técnicos de farmacia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.