Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2022 | Actualizada ás 10:14
O xuízo polo accidente do tren Alvia encara este xoves a súa última sesión antes de que acabe o ano. Despois, haberá un parón coincidindo coa época do Nadal e as comparecencias non se retomarán ata o 10 de xaneiro.
En concreto, este xoves 15 está previsto o comezo da quenda dos peritos co inspector xefe da brigada da Policía Científica da Policía Nacional e outros dous axentes.
Declararán despois das comparecencias este martes e mércores de dous subordinados de Andrés Cortabitarte, o ex director de seguridade de Adif procesado xunto ao maquinista, e un técnico de Ineco e o actual vicepresidente da comisión de investigación de accidentes ferroviarios (CIAF), respectivamente.
Dúas persoas están procesadas no xuízo por este sinistro ferroviario: o maquinista, que empezou a frear tarde tras atender a unha chamada do interventor ao teléfono corporativo; e o ex director de seguridade de Adif, ao que se lle atribúe a responsabilidade da análise de riscos da liña. Ambos están acusados de 80 delitos de homicidio e 145 de lesións por imprudencia profesional grave.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.