O reto para lograr que 30.000 galegos emigrados retornen nos próximos catro anos ponse en marcha

A Xunta iniciou este luns a execución da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, cun investimento de 450 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A Xunta iniciou este luns a execución da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, coa que se busca que 30.000 galegos residentes no estranxeiro "volvan a casa" nos próximos catro anos. Para isto duplicaron as medidas e o orzamento do anterior plan, cun investimento de 450 millóns de euros.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantiveron durante a mañá do luns unha reunión en Santiago de Compostela na que se abordaron os programas de emprego desta planificación.

Este investimento do Executivo galego pretende impulsar o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegos do exterior para facilitar o seu regreso, o que, segundo a Consellería da Xunta, incrementaría nun 35 % o fluxo actual de retorno ata as 7.500 persoas cada ano.

O ámbito do emprego é o que contén máis medidas (37) e contará cun orzamento de ao redor de 175 millóns. As actuacións que a Estratexia levará a cabo nesta área serán incentivos para a contratación de persoas desempregadas con dificultades particulares e accións formativas para a adquisición de competencias e capacidades.

Tamén está proxectada unha proposta para impulsar a creación de empresas, cunha fase de preaceleración de acompañamento e tutorización de todos os proxectos e outra cunha fase de aceleración para os plans de negocio máis viables.

Entre outras liñas de actuación, ademais das reportadas no ámbito laboral, a Estratexia Galicia Retorna facilitará o acceso á vivenda coa incorporación dos retornados ás axudas para aluguer, rehabilitación e compra; promoverá a continuidade educativa dos retornados e os seus familiares; e apostará por programas de desenvolvemento persoal da mocidade retornada.

'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956)
'Despedida de emigrantes' (A Coruña, 1956) | Fonte: Manuel Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Patético

De verdade 500 millòns para 30 mil persoas… qué desastre de país!!! Non hai proxecto ningún…. Outra ocurrencia como a cidade da cultura que destroza o noso futuro… patético

1 Diego

E a primeiros de ano subida de peaxes da ap9, vergoña lles debía dar