Un mergullador rescata a unha persoa dun coche parcialmente cuberto polo mar no peirao de Boiro

Os feitos tiveron lugar sobre as 23,00 horas deste luns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Un mergullador rescatou na noite deste luns, 19 de decembro, a unha persoa dun coche que quedou parcialmente cuberto polo mar no peirao de Boiro.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 23,00 horas deste luns, 19 de decembro, cando un particular alertou de que unha persoa se atopaba no interior dun vehículo que estaba parcialmente cuberto pola auga, nunha rampla do peirao de Cabo de Cruz, en Boiro.

Desde o 112 informouse os feitos a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, así como aos axentes de Tráfico, aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e aos membros de Protección Civil de Boiro.

Con todo, foi un mergullador que se atopaba na zona quen conseguiu sacar do vehículo á persoa, que foi trasladada ao Hospital do Barbanza. Pola súa banda, os Bombeiros de Boiro encargáronse de asegurar o vehículo para evitar que fose arrastrado pola marea.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta