Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 17:42
Galicia ten embalsados un total de 2.195 hectómetros cúbicos, o que supón un 62,45 % da súa capacidade, segundo os datos publicados este martes polo boletín hidrolóxico que publica cada semana o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco).
No caso da conca Galicia Costa, a porcentaxe elévase ao 67,8 por cento, ao contar con 464 hectómetros embalsados, fronte aos 684 de capacidade da que dispón e os 391 do ano anterior. De media no últimos dez anos alcanzáronse os 454 hectómetros cúbicos.
Mentres, a conca do Miño-Sil supera xa o 55 por cento da súa capacidade, un 57,1 por cento. Deste xeito, ten embalsados 1.731 dos 3.030 hectómetros cúbicos que pode almacenar, fronte aos 1.358 do ano pasado e os 1.689 de media da última década.
Con respecto aos datos publicados polo Miteco a semana pasada e grazas ás últimas choivas, as concas hidrográficas galegas creceron un 6,95 por cento e gañaron un total de 134 hectómetros cúbicos embalsados.
Así mesmo, en comparación cos datos estatais, Galicia ten un 20,45 por cento máis de auga embalsada. O total das reservas hídricas estatais conta actualmente con 23.552 hectómetros cúbicosde auga, aumentando na última semana en 3.531 hectómetros cúbicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.