Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 12:01
Unha gran parte da sociedade sofre estrés e ansiedade no Nadal. No último estudo de Nascia, o 65% dos enquisados confirma experimentar ambos sentimentos nos días anteriores e durante estas datas. Os aspectos que xeran máis ansiedade son os gastos económicos e os compromisos sociais. Observando con atención os datos, o 70% dos afectados afirma que as compras de Nadal son a principal fonte de sentimentos negativos. Mentres que as celebracións provocan angustia ao 48% e as mensaxes de Nadal ao 30%.
Ademais, Nascia afirma que as mulleres teñen unha maior responsabilidade neste tempo de celebración. En consecuencia, experimentan dificultades para conciliar a súa vida profesional e persoal. De feito, o estudo Mott Poll da Universidade de Michigan analiza que o dobre de nais sofren niveis de estrés máis elevados que os pais, un 23% fronte ao 12%. Os pais preocúpanse por diversos motivos, entre eles os seus fillos que se enferman ou as críticas familiares dos plans de Nadal.
A INFLACIÓN AUMENTA A ANSIEDADE
A sensación de 2022 pode resumirse en dúas palabras: ansiedade e anticipación, tal e como recolle Ipsos no seu estudo Holiday Shopping 2022. En concreto, o 44% da poboación mundial decidiu comezar a mercar moito antes por medo á inflación, de modo que en novembro 10 practicamente xa tiñan todos os agasallos.
O aumento dos prezos provoca estrés en todo o mundo e afecta negativamente á sensación do Nadal. De feito, o 87% séntese estresado pola inflación, integrando o 55% que está máis estresado que o ano pasado. Por iso, boa parte da cidadanía está desbordada e non pensa que o Nadal sexa un tempo de felicidade, senón de gasto. No caso da poboación española, conclúe que sufrirá un 54% máis de estrés polo aumento dos prezos con respecto ao ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.