"Vive completamente nunha cama"

Unha veciña da Coruña lanza un crowdfunding para axudar a un galego que padece esclerose múltiple e que leva un ano esperando a gran invalidez.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/12/2022 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

"Estou a recadar fondos para o meu amigo Diego e a súa familia (Esther e a pequena Lia), logo de que en 2020, en plena pandemia, lle restrinxiran o contrato e xusto semanas despois fora diagnosticada con Esclerose Múltiple Progresiva", conta Elisabeth Castro Jimenez, tripulante e compañeira de Diego, nunha campaña posta en marcha na plataforma GoFundMe.

Campaña para que Diego acade a invalidez total pola súa esclorese múltiple
Campaña para que Diego acade a invalidez total pola súa esclorese múltiple | Fonte: Gofundme

Esther, a súa muller, é a súa coidadora, a que se encarga del, e por iso non pode buscar un traballo. Por iso, pide que lle dean a gran invalidez ao seu marido para poder afrontar os gastos. Agora mesmo, Diego, atópase esperando a que as administracións lle dean a gran invalidez xa que pasou dous anos e empeorou. "Vive completamente nunha cama", indica Castro.

"Esta causa é para botarlles unha man, mentres esperan ás administracións (xa sabemos que llo toman con calma e neste caso, a vida de Diego segue estando nunha cama). Necesitan arranxar o piso para que Diego poida levantarse sen ter dependencia, afrontar os gastos de electricidade, un suspiro", agrega a autora da campaña.

Elisabeth Castro e os compañeiros de traballo de Diego son os que queren viralizar esta campaña até o 7 de xaneiro para, quen poida, sume "o seu grao de area". Ata o momento levan xa acadados máis de 3.000 euros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta