Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 17:21
O BNG definiu como "decepcionante" o informe da Xunta sobre a delimitación de competencias entre a Administración autonómica e as municipais, "sen que existise ningún tipo de interlocución cos concellos". Así, criticou que "tampouco aborda o financiamiento das entidades locais".
Segundo trasladou o Bloque nun comunicado, ao acto de presentación do informe, que tivo lugar este martes en Santiago, acudiron o portavoz de política institucional, Iago Tabarés, e os alcaldes de San Sadurniño (Secundino García), Zas (Manuel Muíño) e Ponteareas (Cristina Fernández Davila).
Tabarés indicou que espera a coñecer a proposta de maneira completa, cando se publique o informe, pero que "obvia os compromisos adquiridos pola Xunta e incumpre o Pacto local do ano 2006".
Así mesmo, o nacionalista indicou que a Xunta "non priorizou os servizos básicos e o seu mantemento en concellos", que "xa soportan un gran déficit público por asumir servizos que lle corresponden á Administración autonómica".
Nesta liña, destacou que, tras o debate e aprobación dos orzamentos do Goberno galego para 2023, o Partido Popular "continuará na senda de non apostar polo reequilibrio territorial e a igualdade das persoas".
ACTO DE PRESENTACIÓN
A Xunta presentou este martes un estudo, levado a cabo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), que pretende pór sobre a mesa as bases para pór solución aos casos nos que non está clara delimitación competencial entre as entidades locais e autonómicas.
Este informe teórico, realizado polo grupo de investigación da universidade 'Empresa e Administración', sitúa aos ámbitos do medioambiente, servizos sociais, sanidade, educación e servizos de protección como os máis problemáticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.