Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 17:58
A Xunta abrirá este mércores e ata o 10 de febreiro o prazo de inscrición para que aquelas persoas que non posúan o título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos en matemáticas e comunicación en castelán, galego e inglés.
Estes exames, para os que haberá que inscribirse de maneira 'en liña', permitirán acceder á formación para o emprego e cursar aqueles certificados de profesionalidade que teñen como requisito esta acreditación.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade estima que serán unhas 4.000 persoas as que se inscribirán na convocatoria deste ano. As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) o próximo mes de maio, en sesións de mañá e tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.