Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 14:12
O delegado do Goberno en Galicia, o socialista José Miñones, eludiu pronunciarse sobre o futuro do exsecretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro.
A preguntas dos xornalistas, despois de que o alcalde de Burela, o socialista Alfredo Chairo, instase a Besteiro a comunicar a súa decisión, Miñones trasladou a súa "alegría" polo arquivo da última causa xudicial contra o exlíder socialista.
"Creo que despois de tantos anos é algo moi merecido". "É unha alegría sobre todo pola súa familia e, a partir de aí, teño un enorme respecto por Besteiro e non vou ser eu quen fale sen nin tan sequera falar el", engadiu.
Estas declaracións fíxoas tras asistir na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), na cidade herculina, a unha reunión co sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.