Buscando á mellor comunicadora ou comunicador mozo de podcast

Convocado o I premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/01/2023 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a coopertiva agroalimentaria Coren, vén de convocar o I premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”, dirixido ao alumnado galego que teña entre 15 e 25 anos.

Micrófono de radio
Micrófono de radio | Fonte: pixabay

O galardón, creado coa idea que a figura de Ramón Otero Pedrayo non sexa esquecida polas novas xeracións, está dotado con 3.750 euros, repartidos en tres categorías. O primeiro premio consiste nun ordenador portátil valorado en 2.000 euros, cincocentos euros en productos Coren e outros 500 euros en metálico achegados por Coren.

Os podcast deberán versar preferentemente sobre temas ligados ao universo oteriano, como o medio natural, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral ou a tradición oral.

As pezas que se presenten, en formato podcast e video, deben enviarse ao correo da asociación (amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com) entre o 10 de febrero e o 25 de xullo deste ano 2023. O xurado que valorará os traballos estará formado por cinco persoas expertas no campo da comunicación e a cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta