Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/01/2023 | Actualizada ás 12:41
O senador do Grupo Parlamentario Popular por Pontevedra, Javier Guerra, rexistrou unha batería de preguntas escritas ao Goberno de España sobre o mal estado das autovías A-52 e A-55, e esixe a "adopción de medidas urxentes".
Segundo o senador do Partido Popular, nestas autovías incrementáronse os "tramos deteriorados" e reclama unha "análise urxente", así como a adopción de "medidas apremiantes que eviten desgraciados accidentes".
Neste sentido, Guerra lembrou o tráxico accidente que acabou coa vida dun novo avogado vigués e feriu de gravidade tanto aos integrantes da súa familia que o acompañaban como a outro condutor. Así mesmo, o senador popular interesouse polas actuacións previstas e os prazos para mellorar a A-52 e a A-55.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.