Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/01/2023 | Actualizada ás 14:49
A Xunta de Galicia tramitou ata este momento 82 declaracións de impacto ambiental (DIA) para parques eólicos do total de 140 que debe emitir antes do 24 de xaneiro, día en que remata o prazo dado polo Ministerio de Transición Ecolóxica para que exista esa declaración (favorable ou desfavorable), xa que, en caso contrario, perderíase o dereito de acceso e conexión.
Diso informou este martes a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, en preguntas aos medios antes dunha reunión cos alcaldes do litoral, destacou "o gran esforzo" que está a levar a cabo o seu equipo. Así, insistiu en que "son moitos proxectos e a tramitación dunha DIA é algo moi serio".
Así, Vázquez explicou que descoñece como está a tramitación no Ministerio para a Transición Ecolóxica, que fixa este prazo límite para a emisión das DIA para estes 140 parques sobre os que hai que informar o seu impacto ambiental.
A titular de Medio Ambiente resaltou que "chama a atención que se aprobe un real decreto cunha paréntese onde se salta toda a lei básica estatal no campo xurídico e medio ambiental" e que "os proxectos do Ministerio non teñen ningún tipo de participación pública".
Deste xeito, apuntou que isto "se fai para poder chegar a tempo e é algo ilóxico". Así, insistiu en que a Xunta fixo toda a participación publica e todos os informes sectoriais necesarios
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.