Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 18:16
A Xunta é optimista no proceso para recuperar as dúas pezas escultóricas supostamente roubadas da fachada da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro, en Silleda, que se exhiben nun museo público barcelonés ao que chegaron, segundo apunta unha investigación, despois de ser "expoliadas".
Este mércores, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o mosteiro de Carboeiro, onde manifestou en declaracións aos medios que a dirección do Museo Marès de Barcelona e ao Concello da Cidade Condal mostraron a súa "predisposición" a facilitar que as esculturas regresen a Galicia.
"Hai dúas fotografías desta fachada. Nunha, saen as tres pezas escultóricas e, na outra, faltan dúas destas esculturas, que están depositadas nun museo público", resaltou Rodríguez, que mostrou a súa satisfacción polos resultados da investigación da historiador da arte Franciso Prado Vilar.
As indagacións, recollidas nun artigo publicado en 'La Voz de Galicia', argumentan que hai cartas do Arquivo de Galicia e o Arquivo Xeral da Administración que "proban a subtracción ilegal de dous relevos procedentes do tímpano da portada da igrexa de Silleda", pezas que "actualmente se atopan no Museu Marès de Barcelona", apuntaba.
Segundo Rodríguez, esta documentación revelada polo historiador Prado Vilar "abre un novo escenario" para recuperar as pezas expoliadas e que, deste xeito, poidan volver formar parte da fachada da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro.
As pezas en cuestión son un cristo entronizado e un relevo medieval con símbolos dos evanxelistas San Juan e San Lucas, que pertencen a un tímpano eclesiástico datado cara ao ano 1200 e están elaborados en granito.
Así pois, a Xunta xa mantivo contactos, tanto por vía telefónica como formal, coa dirección do museo barcelonés e co concello da capital catalá, titular do mesmo. Segundo Rodríguez, ambas as partes mostraron "moi boa predisposición" que fan á Xunta ter "unha visión positiva" para que as esculturas volvan ao seu lugar de orixe.
O conselleiro incidiu en que "sería moi difícil" negar a orixe "ilexítima" destas pezas sen que isto poida atribuírse ao Concello de Barcelona, polo que apelou a que se manteña a "xenerosidade" e a "boa predisposición" para conseguir que o proceso "frutifique", algo que, ao seu xuízo, sería "tremendamente positivo" para a cultura galega, o museo barcelonés e o concello catalán.
MUSEO MARÈS
O pasado martes, fontes do Icub explicaron que desde o Museu Marès "sempre se tivo constancia do emprazamento orixinal das pezas" en Carboeiro, pero "ata agora non se tivo indicios de que a orixe das pezas fose ilexítimo".
O director do Museu Marès, Salvador Garcia Arnillas, informou de que, efectivamente, a institución recibiu na tarde deste martes unha carta do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na que pide información para aclarar a orixe dos dous relevos para determinar a súa "posible orixe ilexítima". Arnillas remarcou que a Xunta pide información para aclarar a orixe das pezas e estudar as opcións que se abren, pero que non se trata dun requirimento.
En declaracións aos medios, o director explicou que o museo está a estudar toda a información dispoñible da documentación sobre as dúas esculturas, que comprou en 1980 á coleccionista Ericka Birk.
As pezas en cuestión son un cristo entronizado e un relevo medieval con símbolos dos evanxelistas San Juan e San Lucas, que pertencen a un tímpano eclesiástico datado cara ao ano 1200 e están elaborados en granito.
O director do museo sinalou que a institución está a redactar un informe técnico con toda a información posible, que prevé ter "nuns días", e que logo será o Concello de Barcelona quen tome a decisión en función ao que determine o estudo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.