Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/01/2023 | Actualizada ás 14:34
A estación de montaña de Manzaneda quedou finalmente sen reabrir as súas pistas, debido a que as choivas derretiron a neve.
Así o ratificou, en declaracións a Europa Press, o alcalde, Amable Fernández, quen lamentou a situación e constatou que na localidade hai, polo momento, "total normalidade".
A estación tiña previsto reabrir este venres despois dunha "longa tempada" sen neve. "É unha pena porque había unha boa capa, pero por mor das choivas derretiu bastante", lamentou o rexedor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.