Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 18:29
Un proxecto internacional liderado pola Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsas, discursos de odio e desinformación.
A iniciativa 'HYBRIDS' emprega a IA e o procesamiento da linguaxe natural para analizar de forma "exhaustiva" o discurso público tanto en redes sociais como en medios tradicionais sobre asuntos de interese global como a saúde, a crise climática, o euroescepticismo ou a inmigración, segundo explicou a USC nun comunicado.
Este mércores, representantes das 14 entidades que forman parte do consorcio encargado do desenvolvemento deste proxecto --que conta co apoio da UE e o United Kingdom Research and Innovation-- mantiveron un encontro no Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), en Santiago.
"A propagación de rumores e noticias falsas, a incitación ao odio contra minorías vulnerables e o acoso a través das redes sociais convertéronse nunha das principais ameazas para as democracias modernas", explicaron os promotores da inicitavia.
Así pois, fixan como obxectivo contribuír a que os cidadáns teñan acceso a "información verificable" para que constrúan as súas opinións "a partir de datos obxectivos, cuxa veracidade poida ser demostrada".
Recoñecen que, a pesar dos avances dos últimos anos, a detección "automática" da desinformación "segue sendo un campo pouco estudado" ao tratarse dunha tarefa "extremadamente complexa que require dun profundo coñecemento semántico, así como distintos mecanismos de inferencia e razoamento baseados na linguaxe natural".
Así pois, HYBRIDS está formado cun equipo multidisciplinar do que forman parte investigadores das áreas de lingüismo computancional ou filoloxía con meter de "xerar novos sistemas de interpretación neurosimbólica, algo que coñecemos como intelixencia híbrida".
"A idea de intelixencia híbrida consiste en combinar as altas capacidades computacionales dos recentes algoritmos neuronais con representacións simbólicas que modelan o coñecemento humano, aplanando así o camiño para superar as carencias dos actuais métodos de intelixencia artificial", sinalou o profesor de Filoloxía e experto en lingüística computacional Pablo Gamallo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.