Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 18:06
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, agradeceu ao seu xefe de filas, Alfonso Rueda, que confiase nel para coordinar o programa electoral co que os populares galegos concorrerán ás próximas eleccións municipais de maio, e que tamén servirá para "achegar" ao programa básico común do partido en España.
Da man de Alberto Núñez Feijóo, Puy foi o coordinador dos programas nas últimas citas coas urnas en Galicia e agora repite. A preguntas dos medios este luns, subliñou que prevé contar coa experiencia dos cargos que coñecen ben o traballo municipal, así como de expertos e técnicos co fin de sentar unha base común que permita "mellorar" o funcionamento dos concellos.
MAIOR DESCENTRALIZACIÓN DOS FONDOS
Noutra orde de asuntos, en resposta ás declaracións da secretaria de Estado de Telecomunicacións, María González da Cruz, nunha entrevista coa Cadea SER, Puy replicou que o Estado dispón de 4.000 millóns do plan de recuperación transformación e resiliencia para o despregamento da banda ancha, do que unicamente transferiu ás comunidades "o 9%" para programas "específicos e xa prefijados". "En cocnreto, a Galicia correspondéronlle 19 millóns, que a Xunta ten que destinar a eses programas", subliñou, e demandou unha maior "descentralización" destes recursos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.