A Xunta destina 10.000 euros para atender aos afectados turcos e sirios polo terremoto

O obxectivo desta acción é mellorar as condicións de vida de 1.000 persoas nos próximos dous meses

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2023 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Xunta activou o convenio con Farmamundi para ofrecer atención de emerxencia aos afectados turcos e sirios polo terremoto no distrito de Pazarcik (Turquía), para o que destina 10.000 euros.

O obxectivo desta acción é mellorar as condicións de vida de 1.000 persoas nos próximos dous meses coa adquisición e subministración de produtos de primeira necesidade a través dun socio local de Farmamundi, a organización Khyar Omma Association.

Neste caso, a organización conta cun permiso específico para cruzar a fronteira e traballar no norte de Siria, de maneira que poderá dar unha resposta inmediata e coordinar as necesidades humanitarias con autoridades e axencias internacionais.

Segundo trasladou a Xunta, a intervención realizarase no noroeste de Siria, en concreto na cidade de Jindires e os campos de refuxiados de Atmeh e Idlib, e na zona sur de Turquía, nas cidades de Antakya, Reyhanll e Kirikhan, onde repartirán paquetes nutricionais, materiais de protección como roupa de abrigo e medicamentos.

Terremoto en Turquía e Siria - RTVE
Terremoto en Turquía e Siria - RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta