Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 10:15
Un particular localizou a un veciño de Vila de Cruces de avanzada idade e que faltaba da súa casa desde este luns, despois de que sufrise un accidente de tráfico.
Segundo informou do CIAE 112 Galicia, á primeira hora da mañá deste martes, un particular alertou a Emerxencias de que un dos seus familiares faltaba da súa vivenda no lugar de Fontarcada desde o día anterior, cando saíra co seu vehículo.
Este familiar mantiña contacto telefónico co desaparecido, pero este non respondía de forma clara ás súas preguntas e parecía desorientado. Ante esta situación, o 112 avisou á Garda Civil, Urxencias Sanitarias 061, GES e Protección Civil.
O propio desaparecido contactou tamén con Emerxencias, para confirmar que sufrira unha saída de vía co seu coche na tarde do luns, e que tiña dor nos xeonllos. Efectivos da Garda Civil localizaron o coche sinistrado, que se precipitou por un desnivel de varios metros, mentres, o home, que mantivo o contacto telefónico co 112, foi atopado por un particular cando ía camiñando preto do seu domicilio de Fontarcada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.