Os traballadores seguen sen fiarse de Hércules

A oposición e os ex-asalariados temen que a sociedade que se quedou cos terreos da Fábrica de Armas na Coruña non pretenda retomar a actividade senón simplemente especular cos inmóbeis.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/01/2015 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

Os antigos traballadores da Fábrica de Armas da Coruña protestarán este venres . O antigo Comité de Empresa mostra así o seu malestar polo arquivo do seu recurso fronte a Defensa.

Fábricas de Armas na Coruña
Fábricas de Armas na Coruña | Fonte: onemagazine.es

Os asalariados recurriron a decisión do Ministerio de Defensa de adxudicar a Fábrica de Armas aos empresarios locais de Hércules de Armamento coa promesa de retomar a actividade. Os traballadores temen que a empresa careza da solvencia necesaria para sacar adiante o proxecto industrial e que no fondo só busque facerse co control dos inmóbeis na Coruña para poder vendelos. Defensa non comparte as súas sospeitas e arquivou o recurso nunha resolución emitida o 4 de decembro.

Tamén os partidos da oposición mostraron a nivel local, galego e estatal a súa desconfianza ao redor do proxecto que encabeza Ramón Mejuto Lorenzo, o último director da fábrica até que Genereal Dynamics decidiu pechala tras 75 anos, obrigando ao Ministerio de Defensa a realizar un concurso onde Hérculles derrotou a oferta do tamén local  Instituto de Formación Financiera y Empresarial (IFFE), que contaba co visto bo do Concello. 

O certo é que no Rexistro Mercantil pódese comprobar que Hércules de Armamento foi creada apenas hai un ano co capital mínimo imprescindíbel, 3.000 euros. Malia que o capital suscrito arestora supera os 600.000 euros, unicamente hai 3.000 desenvolsados.

Malia estes datos, o Goberno de España defendeu en reiteradas ocasións a limpeza da adxudicación e a solvencia do proxecto industrial. Os traballadores advirten que "seguirán a loitar" até aclarar a solvencia da reapertura. A primeira mobilización será este venre as 12 na Coruña fronte a Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta