Continúa a busca do home de 56 anos desaparecido en Padrón o 7 de febreiro

Trátase dun home de 56 anos que mide 1,60 de estatura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2023 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Continúa a procura coordinada por Garda Civil e Policía Xudicial do home de 56 anos desaparecido en Padrón desde o pasado 7 de febreiro.

Segundo a información facilitada por SOS Desaparecido e a Garda Civil, este home natural de Valga pero residente en Padrón falta do seu fogar desde fai máis dunha semana.

Trátase dun home de 56 anos que mide 1,60 de estatura. É de complexión normal e ten o pelo negro e curto e os ollos castaños. A descrición achegada por SOS Desaparecidos tamén apunta que o desaparecido ten unha cicatriz na orella e no peito.

Cándido Branco García, home de 56 anos desaparecido desde o 7 de febreiro en Padrón
Cándido Branco García, home de 56 anos desaparecido desde o 7 de febreiro en Padrón | Fonte: SOS DESPARECIDOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta