O Supremo denega a acumulación de penas solicitada por 'Sito Miñanco'

Pedría acumular dúas por tráfico de drogas e unha por branqueo de capitais do tráfico.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/02/2023 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo ditou sentenza na que desestima un recurso de casación interposto por José Ramón Prado Bugallo, 'Sito Miñanco', e denega a acumulación das tres condenadas que solicitaba: dúass por tráfico de drogas e unha por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

Segundo se recolle na resolución do alto tribunal, a representación procesual de Miñanco reclamaba a revogación dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, que lle denegou xa en abril do ano pasado a acumulación de condenas. Así, mantiña que se infrinxiu o artigo 76 do Código Penal relativo á acumulación de penas.

A pretensión do condenado era acumular tres condenas: unha imposta pola Audiencia Nacional en xuño de 1993 por narcotráfico (20 anos de prisión), outra da Audiencia Nacional de xullo de 2004, tamén por narcotráfico (16 anos e 10 meses de prisión), e unha terceira pena imputa pola Audiencia Provincial de Pontevedra en xaneiro de 2019 por branqueo de capitais (3 anos e 9 meses de prisión).

O Supremo sinala na súa sentenza que "non resulta cumprimentado o requisito cronolóxico que veda acumular condenas xa declaradas en sentenza con outras recaídas por feitos posteriores a ese enxuizamento".

O narcotraficante Sito Miñanco, á súa chegada aos xulgados
O narcotraficante Sito Miñanco, á súa chegada aos xulgados | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta