Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/03/2023 | Actualizada ás 10:00
É certo que a educación inclsuiva frea a aprendizaxe? Consegue realmente que non haxa discriminación entre o alumnado? En 1990, o foro internacional da UNESCO promoveu a idea dunha educación para todas as perosas. Pero coa posta en marcha da escola inclusiva comezaron a circular mitos que agora dúas profesoras da Universitat Oberta de Catalunya desmontan.
Un dos principais mitos que tratan é o de que a escola inclusiva remata coa discriminación. A investigación apunta que é unha ferramenta necesaria para acabar con ela, pero non depende só da escola inclusiva, senón tamén dos cambios da sociedade.
As expertan tamén sosteñen, ante o mito da necesidade de reducir o alumnado por clase, que o realmente importante é incluír profesorado e novas formas de agrupación do alumnado. Outra das preguntas que se fan é se é máis lenta a aprendizaxe, sobre o que afirman que o progreso vai na liña da madruez dos nenos e nenas. "Non é que a aprendizaxe sexa máis lenta, senón que non se segue a liña que o adulto esperaría", explican.
DIFERENCIAS NO ALUMNADO
Afirman tamén que todos os nenos e nenas teñen necesidades diferentes e así deben ser as súas propostas de aprendizaxe. Así, ante os que din que a escola inclusiva debe olvidarse de diagnósticos para non crear estigmas, defenden que evitalos pode implicar deixar de dar apoios ao alumnado que máis o precisa.
O derradeiro mito que traballan é o que sinala que na escola inclusiva non se necesita atención individualizada. "Trabállase para un deseño de actividades e metodoloxías suficientemente abertas, flexibles e diversificadas", conclúen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.