A Deputación da Coruña lanza o 8 de marzo unha campaña para denunciar a discriminación de xénero

Por E.P. | A CORUÑA | 03/03/2023 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña 'É por ser muller' co obxectivo de "denunciar, reflexionar e crear espazos de debate e diálogo" a discriminación e as brechas de desigualdade pola condición de xénero.

Nun comunicado, a entidade provincial sinala que as mulleres se están facendo cargo de traballos "precarizados ou non remunerados" que sosteñen a vida diaria da sociedade e constitúen "unha das grandes brechas de desigualdade por causa de xénero".

A campaña comezará o vindeiro mércores 8 de marzo, Día Internacional da Muller, nun acto institucional que se celebrará na Deputación da Coruña e no que actuará o grupo musical 'Fillas de Casandra'.

A programación continuará durante os meses de marzo e abril con mesas de diálogo e espectáculos musicais na cidade herculina, Cambre, Betanzos, Ordes, Arzúa, Oroso, Carballo, Cabanas e Zas.

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta