Pontevedra informa negativamente o proxecto do parque eólico Anduriña polos seus "efectos terroríficos"

Destaca a afectación que vai a ter para os concellos de Pontevedra, Barro e Moraña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra emitiu informes negativos á declaración de impacto ambiental do proxecto de instalación do parque eólico Anduriña, segundo informou o concelleiro coordinador do Rural, Alberto Oubiña.

O edil nacionalista compareceu este mércores en rolda de prensa acompañado do presidente da asociación cultural Sondexeve, Manuel Hermida, para dar conta destes informes técnicos que a administración local remitirá á Xunta de Galicia. Este proxecto de parque eólico afecta as parroquias pontevedresas de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido e tamén aos municipios de Barro, Campo Lameiro e Moraña.

O presidente de SondeXeve explicou que os veciños están "moi preocupados" porque resulta "realmente terrorífico" o efecto que estes aeroxeradores e as liñas de alta tensión terán sobre a flora e a fauna da zona, as traídas de auga ou mesmo o encoro do Pontillón.

Alberto Oubiña asegurou que os informes emitidos polas técnicas municipais son "contundentes" por cuestións como a "escasa profundidade" coa que foron realizados as análises sobre o impacto ambiental.

PARQUE FORESTAL

O edil indicou que non se tiveron en conta "os efectos que se poden producir nas aves migratorias", ou a afección sobre o parque forestal do Pontillón do Castro. "Estes aeroxeradores farían perder todo o seu sentido ao parque forestal", alertou o concelleiro do rural.

O informe municipal tamén advirte de que a declaración non ten en conta as voaduras nin tampouco o transporte de materiais por espazos que non están preparados para iso.

Unha vaca repousa tombada fronte a aeroxeradores no parque eólico de Montouto, na Serra do Xistral
Unha vaca repousa tombada fronte a aeroxeradores no parque eólico de Montouto, na Serra do Xistral | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta