Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/03/2023 | Actualizada ás 17:28
A compañía Ainé Produccións presentou este xoves o seu espectáculo 'Códice-K', que se estreará o 24 de marzo no Teatro Principal. O espectáculo foi presentado no Museo das Peregrinacións da capital compostelá, nun acto que contou coa presenza do director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.
Jacobo Sutil aproveitou o seu internvención para felicitar ao equipo de Ainé Produccións pola súa nova proposta, tras a xira da súa obra 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', producida polo Centro Dramático Galego.
'Códice-K', dirixida por Perico Asorey e Noemí Rodríguez, conta a "intrahistoria extraoficial" do roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago, a partir dun texto de Manuel Cortés. As actrices Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón métense na pel de diferentes personaxes e unha 'DJ' dará cobertura sonora e dramática á posta en escena.
As entradas para as dúas representacións de Santiago (24 e 25 de marzo) poden adquirirse a través da plataforma www.compostelacultura.gal e na Zona C (Praza de Cervantes), no seu horario habitual, de martes a sábado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.