Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 13/03/2023 | Actualizada ás 16:58
A plataforma Coruña eFilm ofrecerá en streaming e de maneira gratuíta ata 10.000 películas, series e documentais aos socios das bibliotecas municipais, segundo informou a alcaldesa, Inés Rei, nun acto na Ágora.
Segundo expuxo, esta plataforma promovida polo consistorio "revolucionará o préstamo de películas e series nas nosas bibliotecas".
Ademais, explicou que o catálogo é amplo, contando cunha gran selección de obras galegas e en galego. Cada persoa usuaria poderá coller prestadas dúas películas ou dous capítulos de series á semana.
Coruña eFilm está dispoñible en todos os dispositivos a través da súa páxina web e adáptase a un teléfono, unha tablet ou unha televisión Smart TV.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.