Aprobado o proxecto do eixo de mobilidade sustentable entre a intermodal de Ourense e Ponte Vella

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia aprobou o proxecto construtivo do eixo de mobilidade sustentable no treito entre a estación intermodal de Ourense e Ponte Vella, cun investimento de 1,4 millóns de euros.

Segundo explican nun comunicado, as obras correspondentes a este tramo prevén licitarse a finais deste mes de marzo. O proxecto correspóndese co acondicionamento da avenida das Caldas, de titularidade autonómica, de modo que queden unidas a estación intermodal e a Ponte Vella de Ourense, actuando nun tramo de 460 metros.

Con esta obra, explican, reordenarase completamente a sección da avenida, humanizándoa e permitindo a implantación de beirarrúas máis amplas e un carril bici. Para iso, será preciso diminuír o espazo para os vehículos, que quedará reducido a un carril de circulación, e parking e zonas de servizo onde sexa posible e necesario.

Ponte Vella, en Ourense
Ponte Vella, en Ourense | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta