Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 13:06
Un traballador foi achado morto este sábado nun monte próximo á localidade lucense de Pantón. O home realizaba tarefas de talla de árbores na zona, cando un deles caeulle encima.
Segundo informou o 112, tiveron constancia dos feitos poucos minutos antes das 11,00 horas, tras recibir a chamada de alerta dun particular.
Segundo avanzou o 112 en redes sociais, o persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do operario, que foi atopado nun monte próximo á LU-P-4103. Apuntan tamén que as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.