Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2023 | Actualizada ás 19:46
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés informou de que reorganizaron a cobertua das súas consultas de Pediatría do centro de saúde de Bueu, "tras alcanzar a xerencia a colaboración voluntaria de seis pediatras, que permitirá suplir as baixas dos dous especialistas titulares de Pediatría do centro". Unha decisión que chega tras masivas protestas na localidade.
En concreto, durante o mes de marzo, unha das consultas cubrirase en horario de mañá (días 21, 22, 27 e 30 de marzo); mentres que a segunda das consultas prestará cobertura asistencial en horario de tarde, nos días 21, 23, 28 e 30.
Pola súa banda, desde o 1 de abril, unha das consultas atenderá a demanda asistencial, en horario de mañá, os días 5, 13, 19 e 25 de abril, pendente de engadir máis días de cobertura.
Destacan que, para reforzar a prestación sanitaria infantil, o centro de saúde ampliou o seu cadro de persoal cunha nova enfermeira para atender aos nenos de Bueu. Garántese a cobertura do programa Neno San, tanto por parte do pediatra, como por parte da enfermeira. Ademais, a asistencia das urxencias vitais será asumida polos médicos de familia do centro, tras ser vistas polo persoal de enfermaría pediátrica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.