Por E.P. | Ourense | 23/03/2023 | Actualizada ás 16:18
O presidente da Deputación de Ourense e da Asociación Europea de Gobernos Provinciais Intermedios (Partenalia), Manuel Baltar, pediu este xoves "un esforzo aos partidos políticos para lexislar con perspectiva de reto demográfico" ante o próximo mandato dos gobernos provinciais, que se iniciará en España tras as eleccións locais do 28 de maio.
Baltar lanzou esta mensaxe desde Segovia, onde participou na apertura dunhas xornadas organizadas por Partenalia. Alí defendeu a necesidade de ter en conta o reto demográfico "en todas aquelas cuestións que teñan que ver con novas normas, ou a modificación das xa existentes, e que afecten o territorio e ao dereito das persoas".
Con iso, en España "xorde unha nova oportunidade" para incidir neste aspecto coas eleccións de maio e a constitución dos novos gobernos provinciais. Baltar asegurou que os gobernos provinciais "están máis de moda que nunca porque son a paradigma da desconcentración e a descentralización", validando o seu rol como "vertebradores do territorio e protagonistas das políticas públicas a calquera nivel".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.