(Vídeo) Aparece unha planeadora de 12 metros envorcada na praia de Nemiña

Este tipo de embarcacións pode transportar ata 3.000 quilos de droga.

Por Galicia Confidencial | Muxía | 23/03/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

Unha planeadora de 12 metros de eslora apareceu este xoves envorcada na praia de Nemiña, en Muxía. Segundo informaron fontes da Policía Local deste concello, a embarcación pode levar algún tempo abandonada e o forte temporal que se rexistra no mar puido levala á praia.

Planeadora atopada envorcada na praia de Nemiña, en Muxía
Planeadora atopada envorcada na praia de Nemiña, en Muxía | Fonte: remitida

A planeadora mantén algún motor, aínda que perdeu outros polos envites do mar. De feito, este tipo de embarcacións son as que se utilizan para transportar a droga á terra desde un buque nodriza que está en alta mar. Pode ter capacidade para case 3.000 quilos de droga e catro motores de 300 cabalos de potencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta