Máis alá da falta de persoal: estes son os retos do sector sanitario para este ano

O envellecemento da poboación, a limitación dos recursos ou os cambios económicos son algúns deles

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/04/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A consultora Expense Reduction Analysts vén de emitir un informe ante situación que vive o sector sanitario con protestas e manifestacións nas rúas nos últimos meses. Neste documento, advirte de que o sector está "nun punto crítico" no que terá que abordar varios desafíos. 

Médicos cirurxiáns nun quirófano
Médicos cirurxiáns nun quirófano | Fonte: Europa Press

O primeiro deles é o envellecemento da poboación e o descenso da natalidade. "Conforme a idade da poboación aumenta, tamén o fai a presión sanitaria polo aumento da demanda", explican. Así, inciden na importancia da planificación tendo en conta as necesidades futuras. 

Outro dos desafíos é a limitación dos recursos do sector, referíndose á reter profesionais e traballar na calidade da atención aos pacientes. Nesta liña, a consultora apunta a aportacións tecnolóxicas como diagnósticos a través de videochamadas. 

Precisamente, fai referencia á mellora da tecnoloxía para obter mellores resultados na análise de datos. "É importante facelo de xeito gradual para estudar as enfermidades e desenvolver tratamentos de forma máis persoal", manifestan. 

O último reto está composto polos cambios económicos bruscos, como ocorreu recentemente coa covid 19. "Unha estratexia de redución de custos pode axudar a atopar áreas nas que aforrar unha gran cantidade de diñeiro", sinalan. 

"O sector sanitario sempre é unha industria estratéxica, pero nos últimos anos vimos como tamén é dos máis cruciais para a sociedade. É moi importante que os centros sanitarios renoven os seus equipos", conclúe o informe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta