Por E.P. | Galicia | 28/03/2023 | Actualizada ás 14:31
Os encoros de Galicia atópanse ao 80,85% da súa capacidade total, o que supón un 29,04% máis que hai un ano e un 2,2% máis que hai unha década, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
A reserva hídrica galega conta nestes momentos cun total de 2.915 hectómetros cadrados de auga. Estes datos contrastan coa media estatal onde os encoros se sitúan ao 51,7% da súa capacidade. A conca do Miño-Sil conta actualmente cunha suma de 2.395 metros cúbicos de auga --79%--, fronte aos 1.646 que tiña nesta mesma data hai un ano e os 2.273 de hai 10 anos.
Desta maneira, a conca hidrográfica de Galicia Costa conta cun total de 566 hectómetros cúbicos almacenados, o 82,7% da súa capacidade. Estes datos sinalan que ten recollido un 19,61% máis de auga que hai un ano e un 3,53% que hai unha década. Ademais, as precipitacións afectaron á vertente Atlántica e a máxima produciuse en Santiago de Compostela con 48,9 litros por metro cadrado.
No conxunto do Estado, a reserva hidráulica aumentou na última semana 41 hectómetros, o que supón o 0,1% da súa capacidade. Deste xeito, atópanse ao 51,7% de capacidade e almacena 29.012 hectómetros cúbicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.