Por Galicia Confidencial | Ferrol | 30/03/2023 | Actualizada ás 12:36
O pleno de Ferrol debatirá este xoves unha iniciativa do Colectivo de presos e presas da Dictadura para a retirada dos 45 símbolos franquistas que aínda quedan na cidade en aplicación da Lei de Memoria Democrática.
Tamén pide ao goberno municipal para que realice as xestións necesarias con administracións, tanto públicas como privadas, para executar estes acordos e que solicite ao Ministerio de Defensa que os restos de Salvador Moreno Fernández e Francisco Moreno Fernández sexan retirados do Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (Cádiz).
Tamén reclamar realizar as xestións necesarias ante os herdeiros do ditador Franco e Patrimonio Nacional para conseguir a devolución física da Medalla de Ouro ao ditador. Así mesmo, realizar xestións para a devolución física das medallas de ouro e prata sinaladas.
Finalmente, quere que se atenda a petición de inclusión dunha persoa do colectivo de presas e presos políticos de Ferrol na ditadura nas comisións municipais ou mesa de memoria histórica para a retirada da simboloxía franquista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.