Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 31/03/2023 | Actualizada ás 18:55
O temporal costeiro que mantivo en alerta laranxa a todo o litoral galego durante a mañá deste venres deixaron ondas máximas de case 6 metros fronte ao litoral da Coruña.
Así o recollen os datos das boias de Portos do Estado, que captaron momentos nos que a altura das ondas rozaron os 6 metros en Punta Langosteira.
Mar dentro, a boia de Vilán-Sisargas, situada no norte da a Costa da Morte, chegou a rexistrar ondas de ata 8 metros de altura. En Estaca de Bares rozaron os 6 metros mentres que no sur superáronse os 4 metros de altura en cabo Silleiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.