Por E.P. | VIGO | 11/04/2023 | Actualizada ás 20:02
A Organización de Produtores do Mexillón de Galicia (Opmega), a cooperativa Amegrove e a Sociedade cooperativa Mexilloneiros de Galicia (Socomgal) abandonaron a mesa de diálogo da fazula que mantiñan coa Consellería do Mar tras os últimos peches de zonas decretados o luns polo departamento que dirixe Rosa Quintana. "Ninguén entende que as zonas que abriron en febreiro e marzo para a recollida de mexilla volvan pecharse agora. É unha situación kafkiana onde a Consellería resolve en contra a propia Consellería e na que os afectados somos todos os bateeiros", lamentaron nun comunicado.
Neste sentido, as tres agrupacións lamentaron a celeridade das resolucións que anulan as aperturas previamente pactadas co sector "cando as peticións e recursos (presentados por eles) nin sequera foron respondidos ano e medio despois de ser enviados". Para os produtores de mexillón "Mar está a actuar ao ditado das confrarías, prexudicando a un sector como o do mexillón de gran importancia para as zonas costeiras, tanto polo número de traballadores como polo volume de negocio que xera ao redor".
Así, sinalaron que para retomar a vía do diálogo deberán abrirse as zonas recentemente pechadas, "ademais doutras en Baiona e A Guarda que contan con informes técnicos favorables que constataban a existencia de mexilla e a ausencia de percebe". Opmega, Amegrove e Socomgal subliñaron que a opción do diálogo é o mellor camiño para alcanzar un acordo, "pero agora mesmo non se dan as condicións para seguir sentándose á mesa de negociación". Ante a "gravidade" da situación, o tres organizacións esixiron á Consellería que se reverta este peche e vólvase ao escenario previo. Ademais, solicitaron que se resolvan as súas peticións "coa máxima urxencia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.