Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/04/2023 | Actualizada ás 14:09
A Plataforma Sur da Dorsal Galego organizou este sábado 15 de abril o primeiro Festival do Suído, unha maneira innovadora para a concienciación e a defensa da Serra do Suído fronte á ameaza eólica que está tendo lugar nos montes galegos. A eles sumáronse outras organizacións ambientalistas como Burla Verde, Adega, A Rente do Chan, Cordilleira Cantábrica ou Petón de Lobo.
Centos de persoas déronse cita alí para apoiar a causa. Entre eles, veciños ou propietarios de diferentes empresas e establecementos defendendo "o interese que, tamén para o tecido económico deste territorio, ten o monte como recurso de especial calidade, para a nosa vida e para o noso futuro".
O festival contou con artistas como os poetas Anxo Angueria, Ana Fernández, Silvia Penas ou Miriam Ferradáns e tamén con músicos como Tino Baz, Su Garrido, Antilia e Tonhito de Poi. Tamén coñecedores do monte e o seu patrimonio como José Manuel Riera, Xosé Lois Vilar ou Adela Figueroa convidaron a implicarse ca causa.
A Serra do Suído conta cunha extensión de 25.000 hectáreas que forman parte dos concellos de Lama, Covelo e Fornelos de Montes (estos tres en Pontevedra) e Avión e Beariz (no concello de Ourense). O monte conta con mámoas e petroglifos e nel nacen ríos coma o Navia, Tea, Oitavén e o Verdugo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.